Selección das apps máis completas para resolver problemas de Matemáticas e Ciencias

Apps para matemáticas

Ampliando as nosas coleccións de apps educativas para dispositivos móbiles hoxe traemos unha pequena selección de aplicacións útiles para o campo das matemáticas, aínda que tamén poden ter utilidade noutras áreas como cálculo, ciencias, química ou física. Neste caso polo nivel de dificultade e o tipo de ecuacións a resolver polas apps o seu uso estaría destinado ás ensinanzas de secundaria, bacharelato, ciclos formativos e ensinanzas universitarias.

 

 

Mathway

Mathway é unha aplicación que nos permite realizar cálculos básicos e resolución de ecuacións simples. A app en si, é unha forma de facilitar o uso do servizo web de resolución de ecuacións Mathway, permitindo traballar coas áreas de matemática básica, álxebra, xeometría, trigonometría, estatísticas, matemáticas finitas e mesmo química, incluíndo unha táboa periódica de elementos. O editor é moi visual representando por exemplo de forma moi clara as figuras trigonométricas e as gráficas. Ademais, podemos incorporar elementos co teclado directamente ou ben empregando as barras de ferramentas. A continuación ofrécenos toda unha serie de preguntas predefinidas dependendo da área na que estemos traballando. Para amosar a resolución paso a paso require de rexistro. Dispoñible para Android, iOS e a través da web.

Mathway

Icono urlMáis información: Sitio web de Mathway

Captura de Mathway

 

 

Captura de Mathway (2)
Captura de Mathway (3)

 

Algúns exemplos máis da app de Mathway

 

 

yHomework

Captura de yHomework

Unha app que empregan moito os estudantes sobre todo porque resulta moi doada de empregar é yHomework. Neste caso simplemente se escribe na app a ecuación a resolver e se preme no botón "Solve!" obtendo directamente o resultado. Actualmente soporta problemas de álxebra básica, simplificación, ecuación dunha incógnita, de dúas, polinomios. A solución amósase paso a paso indicando os métodos de resolución e con explicacións engadidas. Os resultados obtidos pódense compartir en redes sociais con compañeiros/as. Nas últimas versións incorpora tamén a posibilidade de facer representacións gráficas. Dispoñible para Android e iOS.
 

yHomework

Icono urlMáis información: Sitio web de yHomework

 

 

 

 

Photomath

Photomath é unha aplicación que nos permite capturar ecuacións coa cámara do móbil ou tablet para resolvelas instantaneamente. Ven sendo como quitar unha foto da ecuación dende un libro, folla, ou caderno de anotacións obtendo o resultado. O escaneado recoñece os símbolos e caracteres, evidentemente inflúe a letra e o estado do medio físico onde se atope a ecuación. Unha característica importante é que amosa paso a paso como vai resolvendo a ecuación, tal e como sería o proceso de resolución humano. Actualmente soporta expresións aritméticas, fraccións e decimais, raíces e potencias e ecuacións lineais simples. Actualmente a app está dispoñible para iOS, Windows Phone e Android. Aplicacións similares en Android a modo de alternativas son Capture Math e Automath.

 

Photomath

Icono urlMáis información: Sitio web de Photomath

Captura de Photomath

 

 

 

Vídeo de presentación de Photomath

 

 

GeoGebra

Captura de GeoGebra

App para empregar o software libre de Geogebra e os seus recursos en tablets e smartphones de pantalla ou resolución altas. Trátase dun software moi utilizado para o que xa existe un grande repositorio de recursos dispoñibles, adaptados a diferentes niveles educativos que se poden descargar e utilizar libremente. A app o que fai é achegar este software aos dispositivos móbiles. Outro rasgo distintivo é que se atopa dispoñible en múltiples idiomas, a diferenza das outras apps analizadas. Este software permite representar graficamente diferentes tipos de funcións, e problemas de xeometría, álxebra, cálculo, gráficos 3D, follas de cálculo e estatística. Así mesmo, dispón dun cartafol de documentación moi completo. Está dispoñible para Android, iOS, Windows Phone, en contorno web e como software de escritorio para Linux, Windows e Mac.
 

GeoGebra

Icono urlMáis información: Sitio web de GeoGebra

 

 

 





Gabit © 2024, todos os dereitos reservados.


Gabit es e-learning, formación, publicación de cursos moodle, diseño web innovador y community management desde Galicia.