Neste artigo amósanse infografías con datos curiosos sobre o uso de dispositivos móbiles na actualidade. En España xa son o dispositivo preferido para conectarse a Internet, sendo líder sobre outros países como Estados Unidos. Pero... ¿sabías que unha persoa mira unha media de 110 veces o seu móbil ao día ou que o 90% dos xaponeses teñen un móbil resistente á auga para poder velo na ducha?
Uso do Smartphone en España
Nesta infografía vemos unha serie de estatísticas sobre o uso de dispositivos móbiles, cun 80%, por riba de ordenadores e tablets. Tamén cómpre destacar a escasa penetración dos dispositivos wereables, cun ambito máis restrinxido (2%), case exclusivo da actividade deportiva. Destaca tamén que España con esta porcentaxe sexa dos lugares onde máis se utiliza comparándose con paises como China ou Reino Unido.
Sobre o uso que se lle da, non é tan idílico como moitas veces se nos quere convencer, sendo moi recorrente o uso para consultar o tempo ou como reloxio e espertador. Por outra banda, curioso tamén é o dato do seu uso para ir ao baño (nun 50%), con fatal resultado nun 17% dos casos, aínda que sexa tan só nalgunha ocasión. Destaca tamén na comparativa do seu uso por sexos da utilización que lle dan as mulleres para xogar ou facer fotos e vídeos.
A modo de conclusión podemos extraer que esta forte penetración do uso dos smartphones fai que debamos contemplar a súa utilización noutros ámbitos abrindo a porta a que se poida facer uso dos mesmos a través de webs ou apps en áreas coma Educación, Comercio electrónico ou o Turismo.
12 curiosidades
Nesta infografía vemos de novo o volume de uso mundial dos smartphones, pero tamén unha serie de datos curiosos, como que existe un móbil que custa 13 millóns de €, que hai máis xente no mundo con móbil que con inodoro, a pesares de teña máis bacterias e o fatal risco de que caia ao mesmo. Que se consulte o móbil cada 10 minutos de media, co cal haberá quen o faga aínda máis a miúdo. Ou posúen metales preciosos como ouro, habendo máis nunha tonelada de móbiles que nunha de mineral de ouro, é dicir, antes da súa extracción. Se ben, ista sería máis complexa e perigosa, debido aos compoñentes tóxicos que a do mineral. (Se queres máis información sobre este tema podes consultar o artigo ¿Canto ouro hai no teu móbil?).
Humor
Se che gusta este tema e queres coñecer máis cousas sobre o aprendizaxe móbil ou Mobile-Learning, recomendámosche o eBook "Mobile-Learning. Estrategias para el uso de aplicaciones, smartphones y tablets en educación":
Mobile-Learning. Estrategias para el uso de aplicaciones, smartphones y tablets en educación