Recomendamos o libro "Arquitectura de Sistemas de Información, un enfoque real baseado na experiencia", unha guía que busca ofrecer un punto de vista real á hora de como deseñar un Sistema de Información. Aporta un punto de vista novo cunha perspectiva baseada na experiencia buscando ofrecer solucións prácticas a problemas reais lonxe dos habituais modelos utópicos. Hoxe en día ,ante a complexidade e heteroxeneidade dos sistemas cómpre ter coñecemento dun grande número de tecnoloxías, patróns de deseño e arquitecturas para poder adoptar as mellores solucións a cada problema e situación. Tratáse dun manual moi técnico, que será de gran axuda a profesionais do sector: enxeñeiros en informática, na preparación de oposicións de informática, estudiantes universitarios e de posgraos, así como docentes de secundaria e ciclos da especialidade de informática. Os principais temas que aborda o libro son:
- Arquitectura das redes Internet e Intranet.
- Modelos de capas, servidores de aplicacións e datos.
- Arquitecturas web en JEE e .NET.
- Arquitecturas SOA, servizos web e tecnoloxías XML.
- Frameworks, patróns e anti-patróns de deseño.
- Aplicacións RIA, AJAX, Flash e Flex.
Atopase publicado nas principais tendas en formato e-Book e polo momento dispoñible só en idioma Galego: