Escritorios virtuais na nube: Symbaloo, Netvibes e Pearltrees

 

 

Escritorios virtuais

 

Coleccionando con Pearltrees

 

Os escritorios virtuais son ferramentas que nos permiten acceder a un mesmo escritorio dende diferentes dispositivos, aloxándoo na nube. Aínda que hai solucións específicas para equipos de escritorio, temos tamén solucións xenéricas que nos van a permitir incluir aplicacións e servizos da Web 2.0, de xeito que aquelas aplicacións que empreguemos máis a miúdo estarán sempre accesibles. Ademais de como lanzador de aplicacións os escritorios virtuais teñen unha utilidade moi clara en educación dentro da elaboración e deseño de Entornos Virtuais de Aprendizaxe ou PLE. Grazas á elaboración de escritorios virtuais que representen modelos de PLE, podemos resumir e organizar este enfoque metodolóxico. As ferramentas para deseñar un PLE máis intuitivas son: Symbaloo, Netvibes e Pearltrees, que veremos a continuación.

 

 

Symbaloo

Esta ferramenta permítenos definir un escritorio virtual a partir dunha serie de lanzadores ou accesos directos a sitios, aplicacións e servizos web. Grazas a que este escritorio se almacena na nube podemos acceder a el a través do noso ordenador de escritorio ou dispositivos móbiles, dispoñendo dunha app que nos facilita este acceso. Podemos crear múltiples escritorios ou webmix e personalizar cada un deles, segundo a súa orientación educativa, incorporando os elementos máis axeitados en cada ocasión.

 

 

Exemplo de escritorio virtual:

 

Manual de Usuario

Manual de introdución a Symbaloo

Referencias:

 

 

Netvibes

Outra ferramenta para crear escritorios virtuais personalizados. Ademais de lanzadores, nos permite engadir widgets ou mini-ventaniñas con páxinas web, blogs, diarios e revistas dixitais, a wikipedia, notas, o tempo, mini-buscadores, correo electrónico, e moitos máis. Neste caso teremos que acceder sempre a través dun navegador web, pero isto tamén nos dará integración total.

 

Vídeo de presentación de Netvibes

Referencias:

 

 

Pearltrees

Unha das alternativas máis doadas e intuitivas. Permite agregar ligazóns a sitios web, subir ficheiros, imaxes ou engadir notas. Déixanos agrupar os elementos en coleccións e compartilos en redes sociais, permitíndonos tamén traballar de xeito colaborativo. En versións anteriores permitía crear árbores cos diferentes elementos pero recentemente mudou a interfaz de xeito que agora é máis intuitiva para o seu uso dende dispositivos móbiles, pero non deixa organizar as relacións entre nodos como árbore conceptual.

 

Vídeo de presentación de Pearltrees

Referencias:

  • Sitio web oficial de Pearltrees.
  • Guía para comezar. (Require crear unha conta en Pearltrees e loguearse previamente para poder visualizala).

 

 





Gabit © 2024, todos os dereitos reservados.


Gabit es e-learning, formación, publicación de cursos moodle, diseño web innovador y community management desde Galicia.