Día das letras galegas 2014: adicado a Díaz Castro

Día das letras galegas 2014: adicado a Díaz Castro

 

Este ano o día das letras galegas está adicado ao poeta Xosé María Díaz Castro, nado en Guitiriz en 1914 e fillo de labregos. Participou activamente na cultura galega, a través da asociación cultural Xermolos, e destaca sobre todo pola súa obra o poemario Nimbos.

 

Curto con dous poemas do autor cortesía de Algarabía Animacións

 

 

Díaz Castro na Rede

Na rede podemos atopar varios recursos sobre este autor galego, que nos permiten achegarnos á súa obra:

  • Díaz Castro. Páxina web monográfica sobre a vida e obra do poeta, que nos narra a súa vida e inclúe imaxes dos seus traballos con textos manuscritos e unha fotogalería histórica sobre a súa vida na Galicia do século XX. Páxina monográfica do poeta Díaz Castro.
  • Asociación cultural Xérmolos. Na páxina web desta asociación na que participou o propio autor, podemos atopar diferentes traballos, publicacións e vídeos. Páxina da asociación cultural Xérmolos.
  • Xose María Díaz Castro.Páxina oficial con material divulgativo para primaria e secundaria que inclúe actividades educativas, marcapáxinas e carteis para os centros a modo de actividades dinamizadoras. Páxina oficial sobre o día das letras galegas 2014.

 

 

Curtametraxe adicada a Díaz Castro

Película inspirada na vida de Xosé María Díaz Castro e creada polo obradoiro de literatura e audiovisual do IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz, participando nel toda a comunidade educativa do centro.

 

Os camiños esquecidos

 

 

 

 





Gabit © 2024, todos os dereitos reservados.


Gabit es e-learning, formación, publicación de cursos moodle, diseño web innovador y community management desde Galicia.