Xa temos Moodle 2.8 dispoñible: características e algúns datos do seu desenvolvemento (Infografía)

Características de Moodle 2.8

Xa está dispoñible a nova versión de Moodle (2.8). Neste artigo faremos un repaso das súas principais características e cunha infografía para ilustrar os datos do seu desenvolvemento.

 

Novas características en Moodle 2.8

 

Moodle, xa vai pola súa versión 2.8. Nesta versión corríxense multitude de pequenos erros ou bugs e incoporanse novas características como:

 

  • Auto-gardado de texto. O editor de texto Atto irá gardando no servidor o contido segundo se escribe.
  • Novo menú de usuario. Un menú despregable de usuario permite acceder ao perfil, mensaxes, insignias e arquivos privados dende calquera pantalla.
  • Opción de "Me gusta". De xeito parecido ás valoracións en redes sociais podemos valorar as publicacións doutros usuarios.
  • Melloras no módulo de cualificacións. Agora permite editar as cualificacións sen recargar en diferentes celas á vez, e mellora o soporte en dispositivos móbiles. Tamén ofrece unha nova vista individual do estudante para avalialo.
  • Melloras no foro. Máis opcións de navegación e posibilidade de subscrición a un único fío de debate.
  • Máis características na Documentación Oficial de Moodle.

 

Podemos ver algunhas pantallas en funcionamento no seguinte vídeo (en inglés):

 

 

 

Datos de desenvolvemento de Moodle 2.8 (Infografía)

 

Datos de desenvolvemento de Moodle 2.8

 

 

 





Gabit © 2025, todos os dereitos reservados.


Gabit es e-learning, formación, publicación de cursos moodle, diseño web innovador y community management desde Galicia.