Hoxe en día numerosas ferramentas permiten crear contidos desde a nube, sen necesidade de facer instalacións nos nosos equipos. Unha ferramenta moi completa e que cobre aspectos tan diferentes como edición de vídeo, carteis, publicacións para redes sociais ou creación de páxinas web é Canva.
Trátase dunha ferramenta moi fácil de usar, con interfaces e ferramentas moi sinxelas e intuitivas que non requiren grandes coñecementos técnicos. Este enfoque faise ideal para o seu uso educativo, tanto para docentes como para alumnos, permitindo a realización de todo tipo de proxectos, individuais ou colaborativos na aula. Poderiamos definila como unha ferramenta de deseño gráfico para todos os públicos.
Canva ofrece todo tipo de recursos que se poden usar de base nos seus proxectos: imaxes, vídeos, fotografías e todo tipo de plantillas, todos eles libres de dereitos e que incluso se poden crear facendo uso de IA a partir de prompts. É dicir, todos os seus recursos pódense utilizar para elaborar materiais educativos libremente.
A súa facilidade de uso fai que poida utilizarse tamén desde dispositivos móbiles e tablets (para iOS e Android), polo que encaixaría tamén perfectamente en metodoloxías de mLearning.