Aplicacións deportivas para Educación Física en Android (Parte II)

 

Aplicacións para Educación Física en Android

 

Continuando co tema de aplicacións Android relacionadas coa Educación Física e o Deporte, anteriormente víamos varias ferramentas de Monitorización da actividade deportiva, pero existen ademais outras categorías que poden sernos de utilidade. Nesta ocasión veremos algunhas aplicacións dentro da categoría de Adquisición de hábitos e rutinas, que á súa vez poden completarse coas aplicacións de monitorización xa vistas.

 

Quinto posto nos Premios 20 Blogs do xornal 20 Minutos

Premios 20 Blogs

 

Gabit ven de participar nos premios 20 Blogs deste ano organizados polo xornal 20 Minutos, que selecciona aos blogs máis valorados polos lectores e o xurado dentro de diferentes categorías. Dentro da categoría de "Ciencia, Tecnoloxía e Internet" xunto a outros 497 blogs, finalmente ocupamos un agradecido 5º posto. Este pequeno recoñecemento danos forzas para continuar dándolle difusións aos nosos contidos e seguir tratando de chegar a canta máis xente mellor. Moitas grazas a tod@s!

 


Gabit © 2025, todos os dereitos reservados.


Gabit es e-learning, formación, publicación de cursos moodle, diseño web innovador y community management desde Galicia.