Xa temos o Moodle 2.6 dispoñible: características e datos do seu desenvolvemento (Infografía)

Características y desarrollo de Moodle 2.6

Xa se atopa dispoñible a nova versión de Moodle (2.6). Neste artigo faremos un repaso das súas principais características e cunha infografía poderemos ver os datos do seu desenvolvemento.

 

Novas características en Moodle 2.6

 

Unha das mellores plataformas de e-learning de código aberto, Moodle, chega xa á súa versión 2.6. Nesta versión corríxense multitude de pequenos detalles (arredor de 400 melloras), de entre as principales novidades destacaríamos:

 

  • Melloras na usabilidade e adaptabilidade a diferentes dispositivos, sobre todo para optimizar o soporte de mobile-learning en smartphones e tablets.
  • Melloras no tocante a rendimento, irá un pouco máis rápido ao cargar.
  • Permite editar documentos PDF directamente dende o navegador, para realizar correccións aos alumnos.
  • Permite un novo formato de curso por actividade, equivalente pero ampliando o anterior formato curso-Scorm.
  • Posibilidade de creación masiva de cursos.
  • Posibilidade de importación/exportación de papeis en arquivos XML.
  • Melloras na importación/exportación de cursos de gran tamaño.
  • Editor TinyMCE máis intuitivo para o usuario e mellora do seu sistema de xestión de arquivos.
  • Máis características en Documentación Oficial de Moodle.

 

Podemos ver algunhas pantallas en funcionamento no seguinte vídeo (está en inglés, pero é moi clariño):

 

 

 

Datos de desenvolvemento de Moodle 2.6 (Infografía)

 

Datos de desarrollo de Moodle 2.6

 

 

 

Preme Me gusta no Facebook de Gabit

 

 

 





Gabit © 2024, todos os dereitos reservados.


Gabit es e-learning, formación, publicación de cursos moodle, diseño web innovador y community management desde Galicia.