Segue as novidades sobre Deporte, Saúde e Educación Física dende a nosa nova revista online gratuíta. En calquera dispositivo coa aplicación Flipboard para tablets e smartphones ou a través da web.
Na revista de Flipboard Deporte, salud y Educación Física iranse publicando artigos de Gabit e outros sitios web con novidades que se consideran interesantes dentro das seguintes temáticas:
- Educación Física e Deportes. Artigos relacionados con deporte, alimentación para o deporte, hábitos saudables, exercicios, estiramentos, plans de adestramento, e outros beneficios do deporte para a saúde.
- As TIC no Deporte e na Educación Física. Presentaranse os últimos Gadgets tecnolóxicos, aplicacións para smartphones e tablets, programas de xestión deportiva e outras ferramentas de apoio e monitorización da nosa actividade física.
- Educación. Deseño de actividades educativas, usos educativos de aplicacións para tablets e smartphones na aula e outros temas interesantes relacionados co ensino.
- Saúde. Pequenas suxestións e recomendacións para para mellorar a nosa saúde, beneficios do deporte, como levar unha dieta san, receitas, beneficios dos alimentos e outras recomendacións saudables.
Deporte, salud y Educación Física
Podes buscarnos en Flipboard ou acceder vía web a través de Gabit, como prefiras. Lembra que con Flipboard é moi doado ler a revista dende calquera dispositivo, xa que é unha aplicación deseñada para tablets e móbiles de tipo smartphone que facilita enormemente a lectura das publicacións online.
Revista "Deporte, salud y Educación Física": http://flip.it/GKq4I
Instalación de Flipboard: https://flipboard.com/