Continuando co tema de aplicacións Android relacionadas coa Educación Física e o Deporte, anteriormente víamos varias ferramentas de Monitorización da actividade deportiva, pero existen ademais outras categorías que poden sernos de utilidade. Nesta ocasión veremos algunhas aplicacións dentro da categoría de Adquisición de hábitos e rutinas, que á súa vez poden completarse coas aplicacións de monitorización xa vistas.
Adquisición de hábitos e rutinas
Este tipo de aplicacións axudan a adquirir plans de adestramento e hábitos de alimentación de maneira que nos permiten rexistrar os exercicios realizados e as comidas, completando o sistema con notificacións ou recordatorios nos dispositivos, recomendacións e suxestións. Aínda que neste caso o seu uso persoal é evidente, tamén se poden incluír como proposta para fomentar os hábitos de estudo de alumnos/as ou plans e rutinas de adestramento para deportistas. Ao instalalos no dispositivo móbil, dispoñemos dun asistente persoal ou adestrador sempre presente que reforce os nosos hábitos diariamente.
Lift - Daily Motivation
O obxectivo de Lift é levar literalmente un adestrador (ou coach) no teléfono móbil. Permite seleccionar varias das preto de 100.000 metas ou obxectivos rexistrados por outros usuarios/as, ou crear os nosos. As principais categorías rexistradas son: Fitness, a principal, con plans de running, ir ao ximnasio, flexións diarias, ou practicamente calquera outra rutina deportiva que nos podamos imaxinar. Produtividade, para rexistrar e organizar tarefas de traballo ou o fogar, priorizándoas. Dietas saudables, con obxectivos para controlar o peso, o descanso, o tipo de alimentación ou dietas que eliminen o reduzan o azucre ou glute por exemplo. Por último, estaría outra categoría miscelánea con todos aqueles outros obxectivos que queiramos incluír, como pasar máis tempo ao aire libre, cepillarnos os dentes tres veces ao día, ou estudar.
Capturas de pantalla de la aplicación Lift
A aplicación pregúntache todos os días acerca de se realizaches con éxito os obxectivos seleccionados e os rexistra para que poidas facer un seguimento.
Dispoñible para iOS e Android: Sitio web oficial de Lift.
Habit Streak Plan
En liña coa anterior, con menos usuarios pero máis valorada, esta aplicación tamén busca implantar rutinas saudables para temas tanto laborais como persoais. Como elemento motivador amosa a cadea de logros anteriormente conseguidos, e a diferenza de Lift lémbranos con posterioridade se cumprimos o obxectivo ou non. É unha aplicación moi sinxela, con pouca interactividade social, pero que funciona ben como rexistro de hábitos.
Capturas de pantalla de Habit Streak Plan
Sitio web do desenvolvedor, con ademais outras aplicacións da categoría de produtividade: http://amimetic.co.uk.
Beeminder
De novo cun enfoque radicalmente diferente, esta aplicación intenta motivarnos a acadar as nosas metas a través da penalización. En caso de non cumprir un dos obxectivos marcados, a aplicación cobraranos a cantidade que tiveramos indicado previamente como penalización, e no caso de incumprir nunha segunda ocasión a penalización será aínda maior. Permite integración con outras aplicacións instaladas no dispositivo como RunKeeper que monitoriza a actividade física, Duolingo, a aplicación para aprender idiomas, ou Fitbit, unha aplicación para controlar o peso grazas á súa conectividade con básculas intelixentes, entre outras moitas aplicacións. A primeira vez que incumprimos o contrato é gratis, despois haberá que pagar, aínda que no caso de que para comprobar o obxectivo non se conecte con outras aplicacións permitirá inserir os resultados a man, loxicamente.
Vídeo presentación de Beeminder (Pódense activar os subtítulos)
Dispoñible para iOS e Android: https://www.beeminder.com.
Hab it!
Neste caso a aplicación permítenos crear varios hábitos a seguir semanalmente, de maneira que podamos indicar rapidamente se cumprimos o logro ou non cunha interface moi doada de utilizar. Ofrécenos informes de tendencias trimestrais, semestrais ou anuais que nos permiten seguir a evolución. Ben podería ser a máis sinxela de todas, se o que queremos é realizar un rexistro rápido, resulta a mellor opción.
Vídeo presentación de Hab it!
Ligazón para descarga dende Google Play Store.
Moitas máis…
O certo é que existen moitas máis aplicacións deste tipo, pode que máis orientadas cara a produtividade, que á adquisición de hábitos saudables ou rutinas de adestramento. Se ben, o feito de ser bastante configurables nos vai a permitir adaptalas ás nosas necesidades. A continuación se inclúen algúns exemplos:
- Goal Tracker. Só para Android. Sitio web oficial Goal Tracker.
- Goal Tracker - Habit Calendar. Só para Android. Descarga dende Google Play Store.
- Raise The Bar Goal Tracker. Só para Android. Sitio web oficial Raise the Bar Goal Tracker.
- Diabetes Goal Tracker. Especial para levar rexistro da alimentación para esta enfermidade. Sitio web oficial Diabetes Goal Tracker.
- Livestrong Calorie Tracker. Contador de calorías e nutrientes con control de peso. Dispoñible para Android/iOS/Windows Phone 7/Blackberry. Sitio web oficial de Livestrong.
- Consumo de auga. Permite rexistrar a cantidade de auga que bebes ao día. Só para Android. Descarga dende Google Play Store.
- Fitness Tracker. Control de peso, exercicio e calorías diarias. Moi sinxela. Só para Android. Descarga dende Google Play Store.
Por último, inclúese a modo de resumo un taboleiro de Pinterest onde se amosan estas e outras aplicacións da categoría Android - Educación Física xunto coa ligazón á súa páxina na tenda de Google Play Store ou sitio web oficial para facilitar a súa instalación ou obter máis información.
Seguir o taboleiro de Gabit: Android - Educación Física en Pinterest.