Como elaborar un documento con Google Drive e Google Docs versión móbil

 

 

e-portfolios

 

Como elaborar un documento con Google Docs versión móbil

Fronte á coñecida versión de escritorio de Google Drive, temos varias apps para o seu uso en dispositivos móbiles. Por exemplo para crear un documento de texto dispoñemos das apps Google Drive para xestionar os nosos arquivos na nube e Google Docs para editar e crear documentos de texto. Podemos instalar gratuítamente ambas aplicacións dende as tendas de aplicacións ou App Store correspondentes ao noso sistema operativo móbil.

 

A continuación podemos abrir a app Google Drive e teremos acceso aos nosos arquivos aloxados en Internet, e que podemos agrupar en cartafoles. En cada cartafol veremos os documentos dispoñibles, e nalgúns casos podemos ver unha pequena vista previa do seu contido(1). Premendo no menú lateral (2) teremos outros modos de acceso para ir directamente ao cartafol principal, documentos compartidos, aqueles cos que se traballou recentemente, os que foron subidos, etc.

 

Google Drive (1)
Google Drive (2)

1. Accedendo aos documentos en Google Drive.

 

En calquera momento se queremos crear un documento novo, abrimos o menú contextual, neste caso do móbil, e vemos que temos unha opción "Novo" (3) para crear novos documentos. Ao seleccionar este menú nos preguntará que tipo de elemento queremos crear: un cartafol, un documento de texto, unha folla de cálculo ou unha presentación. Escollendo "Documento" (4) abrirase un novo documento de texto.

 

Google Drive (3)
Google Drive (4)

2. Creando un documento de texto dende Google Drive.

 

A edición do documento realizase dende a app Google Docs (saímos do Google Drive), que é un procesador de texto simplicado para dispositivos móbiles. Podemos escribir sobre o corpo (5) do documento, e ir engadindo textos. Seleccionando un texto (6), podemos ir o menú de formato básico (7) para cambiar o estilo da selección. Así mesmo poderíamos copiar un texto ou imaxen doutro documento, tal e como facemos nos programas e aplicacións de escritorio para desta forma ir completando o contido.

 

Google Docs (1)
Google Docs (2)

3. Editando o documento con Google Docs

 

Podemos acceder a máis opcións abrindo o menú extendido (na esquina superior dereita, indicado por 3 puntos menú de 3 puntos ). Dende alí poderemos descargalo e imprimilo (8), ou compartilo (9). Á hora de compartilo nos pedirá o nome ou enderezo da persoa coa que queremos compartir (10) (que buscará para axilizar na nosa lista de contactos), e o permiso que lle imos dar (11): editar, comentar ou ver.

 

Google Docs (3)
Google Docs (4)

4. Descargar e compartir o documento

 

A persoa coa que compartimos o documento chegaralle un correo indicando que ten acceso ao documento, o tipo de permisos e unha ligazón para acceder ao mesmo, aínda que sempre poderá acceder a través dos seu menús para documentos compartidos.

 

 

 





Gabit © 2024, todos os dereitos reservados.


Gabit es e-learning, formación, publicación de cursos moodle, diseño web innovador y community management desde Galicia.