Os smartphones ofrécennos moitas posibilidades no campo da saúde grazas ás súas ferramentas de monitorización e seguemento. O feito de levar un ordenador sempre enriba pode servirnos para levar un rexistro de medicións, lembrar a hora á que tomar medicamentos, seguir dietas, como fonte de información e suxestións, contactar co noso médico e consultar dúbidas.
Puntos fortes da saúd no móbil
Actualmente os usos do móbil ou smartphone en relación coa salud ofrécennos tres puntos fortes claves:
- 1. Deporte e vida activa. Como xa vimos noutros artigos, existen infinidade de apps para realizar o seguemento e monitorización de actividades deportivas, así como ferramentas de motivación e plans de exercicios simulando un entrenador persoal virtual.
- 2. Sempre enriba. Permítenos lembrar como se chamaba un determinado medicamento, avisar sobre a que horas tomalo con alarmas ou recordatorios, levar un rexistro de comidas, en todo momento e lugar xa que o smartphone é un dispositivo que sempre nos acompaña, tanto en casa coma no traballo ou no ocio.
- 3. Médico de peto. Permítenos contactar co médico, ou consultar información sobre medicamentos, enfermidades ou primeiros auxilios. Sempre para casos de urxencia ou para contactar cun médico real, pois lembremos que non hai que automedicarse, senón dirixirse a un profesional cualificado. Neste sentido o móbil ofrécenos novos mecanismos de comunicación.
Infografía: A saúde xa é mobile
A infografía amósanos o crecemento esperado da saúde móbil (mHealth), sendo este moi importante en toda Europa. Amosa unha estimación bastante importante con 100.000 apps que poderían entrar nesta categoría, que xa usaría case a metade de pacientes (aínda que sexa só para solicitar citas) e un tercio dos médicos e outros profesionais sanitarios. A maioría destas apps encóntranse dispoñibles tanto para Android como para iOS. En futuros artigos iremos vendo algunhas das máis interesantes.
Euronews: Smartphones para a saúde.
Para saber máis...
- Catálogo de apps para saúde móbil (Android/iOS): Catálogo Mobile Health Global (Idiomas Español/Inglés/C
atalán). - Informe de "The App Inteligence": Informe de 50 mejores apps de salud en español (Idioma Español).