Localización ao galego de FET, para elaboración de horarios

 

FET

FET é un programa de software libre para a elaboración de horarios de profesorado e alumnado en centros educativos tales como escolas, institutos ou universidades.

Dispón dun algoritmo interno que permite xerar horarios automaticamente a partir dunha serie de regras que se poden configurar previamente. Distribúese baixo licenza GNU/GPL.

 

Captura do programa FET para horarios de estudantes

 

FET é un programa de moita calidade que supón unha moi boa alternativa de cara as actuais opcións dispoñibles no mercado, maioritariamente de pago.

 

Captura do programa FET para profesores

 

FET permite crear horarios, resolvendo conflitos, controlando a execución e permitindo realizar cambios durante o curso. Permite configuración de aulas, espazos, actividades, grupos e subgrupos. Os datos e horarios gárdanse en formato XML e poden abrirse con OpenOffice, LibreOffice ou en formato texto.

 

Para a comunidade autónoma de Galicia presenta integración con sistema de xestión académica XADE a través da utilidade Xadehorarios, que permite importar datos do centro e exportar os horarios de volta a esa aplicación de xestión.

 

Programa Xadehorarios

 

Pode descargar o programa FET e consultar os manuais e capturas de pantalla dende a páxina oficial de FET.

 

A colaboración de Gabit con este proxecto tivo lugar a través da localización do programa ao idioma galego, como se indica na páxina de créditos do programa, esta tradución posibilita a súa utilización por parte da nosa comunidade educativa.

 

Así mesmo, a través dos foros de soporte do programa, calquera persoa pode colaborar na tradución facendo as súas achegas, entrando no fío destinado ao galego.

 

 




Etiquetas:

Gabit © 2025, todos os dereitos reservados.


Gabit es e-learning, formación, publicación de cursos moodle, diseño web innovador y community management desde Galicia.