¿Que son os wereables?

 

 

¿Que son os wereables?

 

Co termo "wereables" denominamos a aqueles dispositivos tecnolóxicos que podemos levar postos e que nos permiten interactuar ou recoller información. A idea é que se integren noutros elementos que levamos sempre enriba, como roupa ou complementos, para que non se fagan pesados ou incómodos. Estes dispositivos pódense incorporar en elementos como gafas, reloxios, pulseiras, zapatillas deportivas, ou mesmo camisetas, chupetes e outras prendas de vestimenta.

 

 

¿Que son?

Estes dispositivos ou gadgets teñen aplicacións en sectores como o deporte, a saúde ou o entretemento, pero tamén noutros como o sector industrial ou o militar. Aínda que a día de hoxe a súa presenza é pequena se a comparamos con outros dispositivos, os smartphones por exemplo teñen un impacto dun 80% fronte ao 2% dos wereables, o certo é que cada vez aparecen máis dispositivos deste tipo, e é de agardar que experimenten un grande crecemento nun futuro próximo. A seguinte infografía amosa exemplos dos principais wereables que se empregan na actualidade:

 

 

Infografía principais wereables actuais

 

Moitos destes sistemas posúen mecanismos de integración con smartphones, algúns incluso soportan sistemas operativos móbiles coma Android, con apps específicas para facilitar o seu uso. A comunicación máis habitual con outros dispositivos realízase a través de Bluetooth e Wifi ou con volcados de datos vía USB a ordenadores ou equipos similares. En realidade son pequenos ordenadores que podemos levar sempre enriba, se ben, precisan de batería propia sendo esta a súa principal limitación de funcionamento. Moitos deles incoporan tamén tecnoloxías GPS para xeolocalización con funcións de seguemento e orientación.

 

Wearables: Pasado, Presente e Futuro.

 

Exemplos de uso

 

  • O seguinte artigo analiza as súas posibilidades de uso como ferramenta no tratamento de adicións, como por exemplo para axudar a deixar de fumar: Wearables para facer fronte ás adicións (Idioma Español).
  • Apps para Google Glass, que trasladan a gamificación ao deporte. Ademais das habituais apps de seguemento e monitorización dispoñemos doutras máis lúdicas que permiten escoller entre diferentes xogos para por exemplo correr e competir contra nós mesmos, fuxir de zombies ao "Walking Dead" ou dunha grande bola de pedra ao estilo Indiana Jones. Algunhas destas apps como RaceYourself aínda son proxectos beta, pero podemos ver algún vídeo-demostració;n dos mesmos:

 

 

GOOGLE GLASS FOR FITNESS - Race Yourself - Virtual Reality Fitness Motivation. (Idioma inglés)

 

 

 

 





Gabit © 2024, todos os dereitos reservados.


Gabit es e-learning, formación, publicación de cursos moodle, diseño web innovador y community management desde Galicia.