Revista online gratuíta de Gabit "Mobile Learning" con artigos interesantes sobre o uso de dispositivos móbiles en educación.
Na revista de Flipboard Mobile Learning: Smartphones e Tablets en educación publicaranse artigos de Gabit e outros sitios web con artigos que se consideran interesantes dentro das seguintes temáticas:
- Aplicacións ou apps. Aplicacións para iOS, Android e outros sistemas operativos móbiles que sexan de utilidade para traballar con elas na aula.
- Experiencias. Artigos con experiencias reais de uso de dispositivos móbiles en educación.
- Vantaxes e inconvenientes. Cousas a favor e factores en contra ou por determinar sobre o uso destes dispositivos.
- Seguridade e privacidade. Artigos con recomendacións, boas prácticas e ferramentas para manter a privacidade e seguridade da nosa información persoal.
Mobile Learning: Smartphones e Tablets en educación
Podes buscarnos en Flipboard ou acceder vía web a través de Gabit, como prefiras. Lembra que con Flipboard é moi doado ler a revista dende calquera dispositivo, xa que é unha aplicación deseñada para tablets e móbiles de tipo smartphone que facilita enormemente a lectura das publicacións online.
Revista "Mobile Learning: Smartphones e Tablets en educación": http://flip.it/Q7UDG
Instalación de Flipboard: https://flipboard.com/
Se che gusta este tema e queres coñecer máis cousas sobre o aprendizaxe móbil ou Mobile-Learning, recomendámosche o eBook "Mobile-Learning. Estrategias para el uso de aplicaciones, smartphones y tablets en educación":
Mobile-Learning. Estrategias para el uso de aplicaciones, smartphones y tablets en educación