Bitly é un acurtador de ligazóns, que nos ofrece un xeito rápido e sinxelo de obter URLs curtas e personalizadas. Ademais permítenos analizar estatísticas de uso das ligazóns e crear grupos de ligazóns para compartir.
Bitly é un acurtador de ligazóns, que nos ofrece un xeito rápido e sinxelo de obter URLs curtas e personalizadas. Ademais permítenos analizar estatísticas de uso das ligazóns e crear grupos de ligazóns para compartir.
A achega de hoxe alónxase un poco da temática habitual do sitio. Forma parte dun interese persoal pero que podemos enmarcar dentro do Turismo 2.0. Trátase dun mapa en Googlemaps que recolle algúns dos puntos de interese que máis destacan (para o noso gusto) en Galicia en xeral, pero con maior detalle da zona de Ferrolterra.
NetSpeak é unha ferramenta 2.0 que ten como obxectivo servir de apoio na aprendizaxe de idiomas. En concreto esta utilidade fai recomendacións sobre como escribir unha frase atendendo aos resultados estatísticos de buscar o patrón que se lle indique en Internet.
WolframAlpha, é un buscador 2.0 que nos permite realizar buscas intelixentes para resolver dúbidas sobre determinadas materias, principalmente educativas. Mentres outros buscadores tipo Google fan unha busca xeral, WolframAlpha fai unha busca orientada cara a resolución da pregunta e a presentación dunha solución coherente. Calcula a resposta axeitada e amósaa como unha lección ou tema, o cal o fai unha ferramenta moi importante para obter coñecemento e recursos educativos.
Wobzip, é unha ferramenta para descomprimir arquivos online. Sería o equivalente a programas como WinRar ou Winzip. Aínda que en Ubuntu/Linux dispoñemos de moitas utilidades que nos permiten descomprimir en múltiples formatos, en Windows teremos que recorrer a versións con publicidade. Esta ferramenta en liña nos permite descomprimir arquivos subíndoos de calquera equipo ou a partir dunha URL dada, sen necesidade de instalar nada.
Dabbleboard é unha aplicación que nos ofrece as características básicas dun encerado dixital.
Citebite é unha utilidade 2.0 moi sinxela, que a partir dunha páxina web e un texto da mesma, nos da unha url alternativa na que veremos a páxina con ese texto destacado, como subliñado cun rotulador marcador.