Primeiros pasos con Writer. Como crear un documento dende cero. Operacións básicas: dar formato ao texto, crear listas, inserir imaxes. O corrector ortográfico. Índices. Cabeceiras e pés de páxina.
Primeiros pasos con Writer. Como crear un documento dende cero. Operacións básicas: dar formato ao texto, crear listas, inserir imaxes. O corrector ortográfico. Índices. Cabeceiras e pés de páxina.
Dende Gabit estamos empezando a optar por cambiar da distribución Ubuntu á Linux Mint. As recentes versións de Ubuntu acusan unha grande lentitude, aínda con contornos de escritorio livianos, como Gnome clásico ou Xfce. Se a isto sumamos erros nas actualizacións, publicidade na distribución (disimulada como iconos de Unity...), en fin... as queixas das que se están a facer eco usuarios por todo o mundo. Observando o actual ranking de Distros, teríamos así a cousa:
1. Linux Mint.
2. Debian.
3. Ubuntu
4. Mageia
5. Fedora
Ubuntu pasou do primeiro posto ao terceiro. Se ben, Debian sempre é unha opción atractiva pola súa estabilidade, nesta ocasión optamos por Linux Mint (versión 16), e temos que dicir que as primeiras impresións son moi favorables. Moito máis doado de configurar, lembra a versións de Ubuntu anteriores, precisamente as que o levaron ao primeiro posto de distros Linux. Destacaríamos sobre todo o gran rendemento en velocidade na xestión de ventás, minipunto para o contorno de escritorio Cinnamon.
Achegamos unha captura dun equipo recén configurado, ¿que vos parece?
O servidor web apache ven por defecto nos repositorios de Ubuntu, co cal pódese instalar de xeito moi doado a partir de aptitude:
$ sudo aptitude install apache2
Ou tamén con apt-get:
$ sudo apt-get install apache2
Cando remate a instalación podemos ter acceso ao servidor que acabamos de instalar a partir das seguintes URLs, se estamos no mesmo equipo:
Se queremos acceder dende outro teremos que poñer a IP que ten na rede ese ordenador, por exemplo:
Ao acceder obteremos a mensaxe "It works!" indicando que o servidor foi instalado correctamente e funciona!
Unha vez funcionando temos outro par de comandos útiles, que serven para deter o servidor (as páxinas xa non ser verán na rede ou Internet):
O módulo rewrite é un módulo de Apache que permite modificar a URL dun sitio. Este módulo requíreno diferentes aplicacións pero ven desactivado por defecto.
Para activalo en Ubuntu empregaríase o comando a2enmod que permite pasar os módulo dispoñibles de apache no cartafol /etc/apache2/mods-available ao cartafol /etc/apache2/modsenabled
$ sudo a2enmod rewrite