Benvido a Gabit
Desenvolvemento de aplicacións web, soporte e asesoramento informático para centros educativos e PEMEs.
Coñécenos
Descobre máis sobre Nós
Gabit nace no ano 2010 especializándose en dar solucións a medida no ámbito da informática a empresas, administracións públicas e institucións de calquera sector. Ofrecemos solucións e servizos áxiles e innovadores, fundamentados na nosa experiencia, e sempre buscando alcanzar a maior calidade e profesionalidade posibles para cada situación.
-
Aposta de traballo
A nosa metodoloxía de traballo pasa sempre pola proximidade e adaptación ao cliente, dando prioridade á innovación e á evolución continua. Desenvolvemos os nosos produtos empregando software libre, co mínimo custo e dando ademais a posibilidade de integrar as novas necesidades que vaian xurdindo ao longo do tempo. Así mesmo, buscamos ofrecer a maior velocidade de resposta posible, grazas á aplicación de metodoloxías áxiles, e demostrando así o noso compromiso co cliente.
-
Clientes
Actualmente, os nosos principais clientes son centros educativos (de Primaria, Secundaria e CIFP - Centros Integrados de Formación Profesional), universidades, institucións de administracións públicas, ademais de PEMEs de calquera sector.
-
Zona de influencia
A nosa principal zona de influencia abrangue Ferrol, Narón, A Coruña, Santiago, Lugo e Pontevedra, pero grazas ao traballo remoto podemos ofrecerlle os nosos servizos en calquera lugar do mundo, consúltenos.
Servizos
Consulta os nosos Servizos
Aplicacións e sitios web a medida
Desenvolvemos aplicacións e sitios web personalizados, feitos á medida das súas necesidades, que van dende ferramentas de xestión interna a completas plataformas para os seus usuarios. As nosas solucións están deseñadas para ser intuitivas e funcionais, mellorando a experiencia do usuario e optimizando os procesos da súa organización.
Administración de CMS: Drupal e Wordpress
Administración profesional de plataformas CMS como Drupal, Wordpress ou Prestashop, maximizando as vantaxes do software libre no que respecta a custos, adaptación e escalabilidade. Especializámonos en implementacións personalizadas de sitios web que aseguran unha flexibilidade e control total sobre o seu entorno dixital.
Plataformas de e-Learning (Moodle) e elaboración de contidos educativos
Administración avanzada de plataformas e-Learning como Moodle e produción de materiais didácticos ou recursos educativos adaptados e elaborados coas últimas tecnoloxías (H5P, Canva, Scorm, etc). Enfocados na innovación, creamos experiencias de aprendizaxe en liña que promoven a participación e o coñecemento profundo.
Ciberseguridade: Auditorías e Hacking Ético
Realizamos auditorías de seguridade ás aplicacións web ou sistemas da súa organización. O noso enfoque céntrase en detectar e resolver vulnerabilidades antes de que se convertan en riscos significativos. Proporcionamos solucións personalizadas que aseguran a robustez e confianza dos seus sistemas informáticos.
Posicionamento web (SEO)
O noso servizo de SEO está deseñado para mellorar o posicionamento do seu sitio web nos resultados dos buscadores, aumentando a visibilidade e atraendo máis tráfico de calidade e, por tanto, novos clientes ou usuarios. Ao optimizar a súa presenza en liña, logrará unha vantaxe competitiva significativa que impulsará o seu negocio cara a novos niveis de éxito.
Compatibilidade con dispositivos móbiles e Accesibilidade
Asegurámonos de que o seu sitio web sexa compatible con dispositivos móbiles, ofrecendo unha experiencia fluída en smartphones e tablets. Ademais, implementamos prácticas de accesibilidade para que todos os usuarios, independentemente das súas capacidades, poidan navegar e utilizar o seu sitio facilmente, mellorando o seu alcance e a satisfacción do cliente, así como fortalecendo a súa reputación como empresa inclusiva.
Contacto
Necesita axuda? Contáctenos
Enderezo
Rúa Eduardo Pondal 15-17 Entresuelo A
CP 15402. Ferrol (A Coruña)
Chámanos
+34 603-783-348
Envíanos un correo
contacto@gabit.org






