Plataformas de e-Learning (Moodle) e elaboración de contidos educativos

Que facemos?

Instalamos e configuramos, adaptándoa á súa imaxe corporativa, unha solución Moodle para que dispoña do seu propio entorno de ensino virtual. Se necesita contidos e actividades educativas modernas e deseñadas coas últimas tecnoloxías, podemos deseñalas.

Administración avanzada de plataformas de ensino-aprendizaxe con Moodle

Solucións educativas personalizadas e adaptadas ás súas necesidades.


Moodle

Moodle é unha plataforma robusta e versátil deseñada para a administración de cursos en liña e entornos de aprendizaxe virtuais. Entre os seus beneficios destacan a flexibilidade e adaptabilidade que permite aos educadores crear entornos personalizados de aprendizaxe. Moodle posibilita a implementación de solucións educativas de forma fácil, modular e pedagóxica, con funcións multipropósito tanto como ferramenta de comunicación como repositorio de recursos e contidos ou actividades. A personalización desta plataforma permite desenvolver entornos para solucións de tipo: Formación a distancia, apoio a sesións presenciais, Repositorios de contidos e espazos de intercambio de información. A súa arquitectura modular facilita a integración de ferramentas adicionais segundo as necesidades específicas de cada curso ou programa educativo. Moodle fomenta a interacción entre estudantes e profesores a través de diversas ferramentas de comunicación e colaboración, como foros, chat e wikis, promovendo así un aprendizaxe colaborativo e participativo. Ademais, o seu código aberto e a activa comunidade de desenvolvedores aseguran actualizacións frecuentes, melloras de seguridade e a dispoñibilidade de numerosos plugins que enriquecen as funcionalidades básicas da plataforma.


Que ofrecemos?

Dende Gabit ofrecémoslle a instalación e configuración avanzada do LMS Moodle, incluíndo a carga e autenticación de usuarios e os plugins ou extensións axeitados. Sempre cunha importante orientación educativa, en Gabit temos moita experiencia na implementación deste tipo de solucións, permitindo a adaptación e personalización completa de calquera Moodle para axustala ás súas necesidades, en aspectos como:

  • Personalización de estilos e temas.
  • Instalación e adaptación de módulos para resolver funcionalidades específicas.
  • Integración con outras ferramentas externas como xestión de usuarios, e-portafolios, wikis, ou solucións de videoconferencia.
  • Elaboración de documentación de axuda, manuais, guías, FAQ, ...
  • Tradución de módulos e localización/internacionalización
  • Soporte e resolución de incidencias.

Como sempre, as alternativas de personalización e instalación son moitas e desde Gabit axudámoslle a avaliar as posibilidades para escoller a solución que mellor se axuste ás súas necesidades.


Elaboración de recursos educativos

Outro dos nosos campos de actuación é o desenvolvemento de publicacións, recursos, contidos e actividades educativas, destinadas á formación a distancia ou de apoio á ensinanza presencial. Poseemos experiencia na realización de contidos con tecnoloxía H5P e formatos como SCORM desenvolvidos con ferramentas como Adobe Captivate, eXe-Learning ou Reload Editor. Estes contidos presentan a estrutura dun tema completado con diferentes actividades e exercicios, e opcionalmente a súa integración en Moodle, para facilitar a xestión de usuarios, a comunicación e a avaliación. Desde Gabit podemos ofrecerlle un deseño e estilo de contidos e actividades adaptado ás súas necesidades e a partir dunha perspectiva pedagóxica grazas ao asesoramento de expertos docentes. Do mesmo xeito, pode optar por unha solución completa que integre estas mesmas publicacións ou contidos nun curso Moodle.


En resumo, podemos realizar a instalación e configuración do seu LMS Moodle. Personalizalo e adaptalo, tanto en aspecto gráfico como con módulos e extensións ademais de realizar a carga de usuarios e a súa xestión. Ademais, se necesita recursos e actividades educativas de calidade, podemos proporcionallas.