Posicionamento web (SEO)

Que facemos?

Implementamos estratexias de optimización para buscadores (SEO) desde o inicio e durante todo o desenvolvemento do seu sitio web. Se a súa páxina xa existe pero ten baixa visibilidade en Internet, podemos axudar a potenciala.

Posicionamento en buscadores (SEO)

Con alguns cambios na configuración, tema gráfico e contidos do seu sitio web xunto cunha política de xeración de contidos de calidade podemos aumentar considerablemente a súa visibilidade na Web.


O posicionamento do seu web nos primeiros postos dos buscadores supón un beneficio directo para o seu negocio e unha vantaxe respecto aos seus competidores.


  Qué é o SEO?

O SEO, ou optimización para motores de busca (Search Engine Optimization), é un conxunto de estratexias e técnicas que se utilizan para mellorar a visibilidade dun sitio web nos resultados orgánicos dos motores de busca como Google, Bing ou Yahoo. O obxectivo do SEO é aumentar a cantidade e a calidade do tráfico cara a un sitio web a través de resultados de busca non patrocinados, isto é, sen ter que pagar aos buscadores.

Que ofrecemos?

Desde Gabit ofrecémoslle mellorar a promoción do seu sitio web, tanto CMS como web á medida, e obter un mellor posicionamento nos buscadores a través de:

  • Análise do seu sitio web e da súa presenza nos principais buscadores e redes sociais coa elaboración dun informe completo de melloras a nivel técnico, semántico e de contido para reforzar o seu posicionamento.
  • Adaptación técnica e semántica do seu sitio web para mellorar a súa presenza en Internet.
  • Asesoramento e recomendacións para elaborar contido de calidade acorde ao seu sitio web.
  • Construción de enlaces, obtendo backlinks de alta calidade desde sitios web relevantes e autorizados.

Ferramentas para CMS

Tanto en WordPress como en Drupal, a optimización SEO implica unha combinación de técnicas técnicas e semánticas, que inclúen o uso de plugins ou módulos específicos, a optimización de imaxes e a mellora da velocidade do sitio. Ambos CMS permiten unha ampla personalización e optimización, o que facilita a implementación de estratexias SEO efectivas. Co uso axeitado destas ferramentas podemos mellorar o seu posicionamento e ao incorporalas ao seu web seguirá guindoo no futuro para que o seu web se vexa potenciado tamén ao longo do tempo.


En resumo, tanto se o seu sitio web está feito á medida como empregando un CMS, podemos axudarlle a mellorar o seu posicionamento nos principais buscadores e por tanto na web.